accesskey_mod_content

Convenio de colaboración coa Comunidade Autónoma do País Vasco para a prestación mutua de servizos de administración electrónica

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

03 febreiro 2011

Publicouse no BOE do día 2 de febreiro de 2011 a Resolución do 13 de decembro de 2010, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se publica o Convenio de colaboración coa Comunidade Autónoma do País Vasco para a prestación mutua de servizos de administración electrónica.

A Lei 11/2007(Abre en nova xanela) , de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos establece, entre os seus principios xerais, o de cooperación na utilización de medios electrónicos polas Administracións Públicas co obxecto de garantir a interoperabilidade dos sistemas e solucións adoptados por cada unha delas, así como, no seu caso, a prestación conxunta de servizos aos cidadáns.

En aplicación deste principio de cooperación interadministrativa, diversos preceptos da Lei especifican os aspectos en que este principio pode manifestarse nas materias obxecto de regulación pola Lei, pechándose esta con un título dedicado á cooperación entre administracións para o impulso da administración electrónica, o que constitúe unha proba da importancia da cooperación para implantar a administración electrónica ao servizo do cidadán e coadxuvar ao desenvolvemento da sociedade da información.

Para facer efectivos os obxectivos marcados pola Lei 11/2007, o 18 de outubro de 2010 formalizouse un Convenio de colaboración entre o Ministerio da Presidencia e a Comunidade Autónoma do País Vasco para a prestación mutua de servizos de administración electrónica(Abre en nova xanela) , no que se establecen os termos e condicións para un aproveitamento común dos servizos electrónicos que prestan ambas as partes asinantes.

  • Servizos electrónicos

0 Comentarios

Non hai comentarios