Actualidade
Estratexias
Soluciones - CTT
Observatorio - OBSAE
Documentación
Organización
User
Busqueda
Menú
Adaptación das actuais verificacións (20) ao WCAG 2.1, facendo especial fincapé no deseño "responsive".
Para cumplir "1.3.1 Info and Relationships. Level A. Information, structure, and relationships conveyed through presentation can be programmatically determined or are available in text. H48:Using ol, ul and dl for lists or groups of links", y en relación con el "4.3. REQUISITO 1.3.- USO DE LISTAS" que a ferramenta poida:
Con respecto á verificación 4.4.9 moitas grazas pola túa achega e incorporarémolo á nova versión da metodoloxía.
Verificación 4.6.4 (Analizador IDE 447) e Verificación 4.19.1 (Analizador IDE 451)
Nestas verificacións compróbase que no CSS non se inclúa contido con :after, :before, content; e que non se anule a visibilidade do foco con outline.
Deberíase verificar se estes pseudoelementos ou propiedades están a utilizarse realmente nas páxinas. Se non se usan nas páxinas, non supoñen un problema real de accesibilidade.
A miúdo, o xestor de contido carga certo CSS ou estilos por defecto dos que non se fai uso nas páxinas. Resulta complicado modificalos, pois significa, por exemplo, sobrescribir un ficheiro que define o CSS nas que se basean todos os compoñentes nativos do xestor, algo que podería acabar dando problemas.
Por tanto, depéndese de que os propios responsables da ferramenta comercial fagan esas modificacións, algo que non sempre están dispostos a facer.
Verificación 4.4.9
Nesta verificación a descrición da táboa considérase necesaria nas táboas con varias filas ou columnas de encabezado.
Pero non só é moi útil neste contexto, senón que, como indica a técnica H73 do WCAG 2.1, pode ser moi útil tamén en táboas simples con moitas filas e columnas:
[cita en inglés] "The summary may also be helpful for simple data tables that contain many columns or rows of data.". (H73 de las WCAG 2.1)
É especialmente útil cando as táboas teñen filas e/ou columnas de totais, ou columnas con ligazóns, pois nestes casos, a descrición axuda a comprender a estrutura, e suple esa comprensión que as persoas que ven teñen da táboa nunha primeira ollada. Desta maneira, as persoas que usan produtos de apoio poden ir directamente ás filas de totais, ou de ligazóns, sen necesidade de percorrer toda a táboa linealmente para comprender a súa estrutura.
Poderíase valorar incluir na verificación a procura de celas de totais e/ou celas con ligazóns (ou botóns) na táboa, para obrigar tamén nestes casos a que a táboa teña descrición.
Os campos con asterisco * son obrigatorios
* Dou o meu consentimento para que os datos persoais que facilito poidan ser utilizados polo Sector Público Estatal, no portal PAe (Portal da Administración Electrónica) e os seus servizos asociados para a recepción de información e comunicacións.
Pode consultar a política de protección de datos do PAe e CTT no seu aviso legal