A Dirección Electrónica Habiltiada única (DEHú) ou Punto único de notificacións para todas as Administracións Públicas oufacilita o acceso aos cidadáns ás notificacións e comunicacións emitidas polas administracións públicas no exercicio da súa actividade.
Ante a dispersión de sedes electrónicas e de vías de posta a disposición, a DEHú permite que os interesados, tanto persoas físicas como persoas xurídicas, teñan acceso ás súas notificacións e comunicacións nun punto.
Ofrece dúas vías de posta a disposición:
• Vía web provisto por Cartafol Cidadán para que as persons físicas e persoas xurídicas poidan acceder e comparecer ás súas notificacións e comunicacións.
• Vía servizos web para grandes destinatarios que lles permite implementar un proceso automático para acceder ás súas notificacións e comunicacións, comparecer ás notificacións e distribuílas entre os seus diferentes centros e/ou departamentos.
O desenvolvemento deste Punto único de notificacións para todas as AAPP realízase de forma colaborativa por todas as administracioes públicas (AGE, CCAA e EELL) a través dos grupos de traballo da Comisión Sectorial de Administración Electrónica (CSAE).