O proxecto consistiu na creación dun Portal de Administración Electrónica como nova canle de acceso aos servizos xestionados polo JCYL, que desembocou na Sede Electrónica, creada por Orde ADM/2272/2009, do 16 de novembro, e posta en servizo en xaneiro de 2010.
Desde o punto de vista funcional, e para facilitar o acceso unificado aos procedementos e servizos electrónicos, desenvolvéronse funcionalidades como as seguintes: navegación áxil, clara e usable, con varios criterios de procura (específico e por pestanas); accesibilidade dobre A; conexión co rexistro electrónico; axudas na xestión a través dunha ficha resumen informativa de cada trámite; descarga de normativa e información concreta e un “contacta” específico sobre cada trámite; posibilidade de realizar preguntas e solicitar información, suxestións e queixas, e asistencia técnica a través do 012; o portelo do Cidadán, a modo de escritorio, onde consultar expedientes, estado de tramitación, configurar a súa caixa de correos electrónica para recibir notificacións electrónicas, etc.; a ligazón a EUGO, etc.
Desde o punto de vista organizativo, creouse un grupo de traballo con distintos perfís profesionais e dous tipos de interlocutores (funcional e técnico), que traballou a tempo parcial no proxecto e que contou coa implicación directa dos responsables políticos.
Desde o punto de vista operativo, tivéronse en conta mellores prácticas doutros portais institucionais para a posta en marcha da Sede Electrónica da Xunta de Castela e León.