Partindo do concepto de Incidencia, entendido como toda aquela pregunta exposta por un cidadán no servizo 060 e á cal o primeiro nivel deste servizo non puido contestar, abríndose así un procedemento interno para a súa resolución e posterior envío de resposta ao cidadán, defínense como características principais da aplicación as que seguen:
- Interface gráfica para o mantemento de incidencias.
Disponse dunha interface Web a nivel Intranet que permite realizar todas as tarefas de mantemento de incidencias e cambios de estado das mesmas - Interface gráfica para o mantemento de usuarios.
Disponse dunha interface Web a nivel Intranet que permite realizar todas as tarefas de mantemento de usuarios, así como o control dos permisos e roles dos mesmos dentro da aplicación. - Sistema de xeración de informes de incidencias.
Xéranse informes coa información das incidencias así como dos accesos dos usuarios ás mesmas cos seguintes resultados entre outros:- Incidencias resoltas
- Incidencias resoltas por usuario
- Incidencias pendentes de solución