RIPEA é un repositorio de expedientes electrónicos corporativo que pretende centralizar a información dos expedientes e documentos electrónicos nun único sistema co fin de facilitar a súa xestión, integración e interoperabilidade. Para alcanzar estes obxectivos RIPEA está conformado por tres módulos:
> un navegador de expedientes que permite aos usuarios a creación, localización e manipulación de expedientes (ten unha aparencia similar ao explorador de arquivos, pero facendo énfase nos metadatos do expediente e o documento)
> unha bandexa de entrada que recolpila os documentos que chegan a unha unidade orgánica desde o rexistro de entrada ou outras unidades
> unha capa de integración mediante servizos web que permite acceder ás súas funcionalidades desde outros xestores de expedientes.
RIPEA cumpre coas normas técnicas de interoperabilidade definidas dentro do Esquema Nacional de Interoperabilitat