- Está construída para JavaSE 6 e superiores.
- A mesma instancia de Concurrent Cache Manager pode atender concurrentemente a varias lecturas, en varios threads diferentes, sen que unha lectura bloque as demais.
- Concurrent Cache Manager constrúese sobre Java Generics, polo que é posible utilizar o caché con esta característica da linguaxe Java.
- Pódese controlar a decisión sobre cando se debe executar un purgado por medio dunha política de purgado personalizada.
- Xestiona sempre a devolución de valores String.
- Nun futuro permitirá tamén definir o tipo de valor a cachear.
- Estás en:
- Inicio >
- Soluciones - CTT >
- Concurrent Cache Manager >
- Información Adicional
Concurrent Cache Manager
-
Descrición Funcional
Descrición Técnica
A solución está formada por 4 proxectos software que se constrúen coa ferramenta Maven.
- emprego-maven-skin: Proxecto co skin para uniformizar o aspecto dos sites coa documentación de Maven xerados no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).
- emprego-parent-maven2: Proxecto pai de todos os proxectos do SPEG. Contén a definición dos posibles plugins que se poden utilizar na construción de aplicacións, así como unha mínima configuración orientada á obtención de informes.
- emprego-utils: Biblioteca de utilidades básica do Servizo Público de Emprego de Galicia. Esta biblioteca contén utilidades para pechar os obxectos comúns JDBC de forma silenciosa, obxectos Closeable, utilidades para threads e utilidades básicas para programar tarefas de cron.
- emprego-ccm: Proxecto que implementa un xestor de cachées/cachés concorrente empregado en múltiples proxectos do SPEG e que permite reducir a carga de transaccións co servizo de emprego a nivel etatal.
Destacados CTT

