accesskey_mod_content

O Centro de Transferencia de Tecnoloxía ten como obxectivo favorecer a reutilización de solucións por todas as Administracións Públicas.

O directorio de solucións do CTT é o lugar indicado para atopar unha solución, proxecto, servizo ou activo semántico para reutilizar na túa administración. Usa as diferentes opcións de procura dispoñibles no menú da esquerda para localizar a solución que necesitas.

Acceso ao buscador de solucións do CTT

Todas as solucións dispoñibles no CTT recollen información divulgativa e de uso, e ofrécense diferentes opcións de descarga e de colaboración nelas. Para aquelas solucións que desexen construír unha comunidade de desenvolvemento ao redor do seu proxecto software libre, creouse a organización forxa-CTT en GitHub(Abre en nova xanela) .

O CTT é a resposta ao artigo 158 da lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, e ao artigo 17 do Real Decreto 4/2010, de 8 de Xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica.

Punto de Acceso Xeral
Punto de Acceso Xeral