accesskey_mod_content

Dicionario de termos e conceptos da Administración Electrónica

O Dicionario, na súa segunda edición (outubro de 2017), contén, entre termos principais e referencias cruzadas, 2.470 entradas e 2.546 ligazóns externas verificados.

Recóllense termos do ámbito do dereito Administrativo regulado polas leis 39/2015 (LPAC) e 40/2015 (LRJ) ou o RD 3/2010 (ENS), 4/32010 (ENI) e de todo o electrónico ou derivado do seu uso: Firma Electrónica, Protección de datos, Datos abertos, Transparencia e Bo Goberno, Compras públicas, Poxas, Administración de Xustiza con uso de técnicas electrónicas, Servizos da Sociedade da información, Accesibilidade, Confianza dixital, factura electrónica, etc. Trátanse tamén mesmo termos e conceptos aínda non regulados de interese na materia tales como a participación cidadá, as Redes Sociais, o Hacking e os CERT, o voto, a firma biométrica, etc. E por suposto normas técnicas, servizos e Institucións.

Este dicionario vai dirixido a un público amplo interesado na administración electrónica, sexa ou non experto na materia ou con perfil tanto tecnólogo como xurista, en calquera caso a todo aquel que necesita atopar algo preciso, descubrir os lindes dos conceptos, o que determinan os artigos das normas sobre o particular, así como coñecer outros detalles como termos técnicos, servizos postos a disposición, normativa técnica, e institucións con capacidade normativa ou de execución, en materia de administración electrónica.

Dicionario de termos e conceptos da administración electrónica novo

Dicionario de termos e conceptos da administración electrónica novo

Desde o sector privado preparouse unha aplicación móbil dispoñible en Android Android(Abre en nova xanela) , iOS (Abre en nova xanela) e Windows(Abre en nova xanela) , que facilita a consulta deste dicionario. O MINHAFP non ten ningunha responsabilidade sobre ela facilitando simplemente a referencia para o seu uso polos actores que o estimen oportuno.

Acceso Google play(Abre en nova xanela)          Acceso App Store(Abre en nova xanela)       Proximamente en Windows Store(Abre en nova xanela)